luns, 11 de abril de 2016

Árbore xenealóxica


Hoxe imos facer umha proposta para o cuarto das vosas fillas ou dos vosos fillos, que, ademáis de decorar umha parede do seu dormitorio, ben vai poder xogar un rol educativo e lúdico para cos máis pequenos da casa.
Trátase dumha árbore xenealóxica, que lle vai axudar identificar e localizar sos membros da súa familia máis próxima, ademáis de telos sempre presentes; cousa de interese engadido se –como é o noso caso- xa non todos están con nós.
 
O primeiro que temos que facer é escoller a parede na que imos colocar a árbore e desenhar a estrutura gráfica que nos vai servir como base para as fotos. No caso da Lara escollimos o lateral da súa cama, onde debuxamos umha árbore de estrutura baixa e pólas retorcidas (polo espazo) adaptando os ocos ás persoas que ían aparecer entre elas.

A árbore precisa tamén de 3 níveis de pólas diferenciados, aínda que podan estar un chisco alternadas, en atención ao resultado final. Consideramos importante que visualice as linhas xeracionais dumha soa ollada. 

A Lara contou con umha avantaxe importante, pois un dos seus primos é moi bon debuxante. Xa que logo, foi a el a quen recorremos para que nos debuxase a árbore que escollimos para esta parede.






 
Houbo que facer varios retoques sobre as formas e as medidas. De seguro que teredes que borrar, retocar e mudar as intencións sobre as medidas en máis dumha ocasión… Non vos desesperedes, o resultado ben paga a pena.

A pintura a empregar, mellor que sexa con base de auga e non contenha látex. É doado atopar no mercado distintas opcións hipoalerxénicas, que evitan problemas futuros de alerxias e outras cuestión, ademáis de non desprenderen olor.

Os familiares van aparecer como froitos redondos pendurados das pólas e hai que agardar a termos a estrutura da árbore rematada para definir con exactitude o tamaño que vai ocupar cada foto e encargar as impresións (no noso caso, por certo, mudou desde as primeiras previsións).

Para facer a árbore máis interactiva, deicidimos engadir umha cousinha máis, que consistiu en imprimir uns vinilos adesivos que colamos sobre a parede. Afinal veredes o porqué.

Despois imprimimos as fotos sobre material ríxido (no noso caso, empregando o papel fotográfico sobre PVC). A continuación, colocamos dous “velcro” por cada foto, un na traseira da propia imaxe e un outro sobre o vinilo da parede.
 

E con isto rematamos a nosa árbore, coas fotografías das 3 xeracións máis próximas á Lara (primos, país-tíos e avós) ao alcance das súas mans, para que xogue a despegalas, colocalas ou mesmo trocar o lugar de cadaquén.









Esta árbore xa leva na parede cuase dous anos e segue a ser un dos “xoguetes” máis recurrentes e queridos da Lara. Así que, hala! Animaivos a facelo nas vosas casas.



2 comentarios:

  1. E maravilloso Lois tes uha imaginación privilegiada, que suerte ten Lara

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas grazas, Ismael!! Aínda que o mérito é da Lara, que axuda a facelo todo máis doado. Aperta

    ResponderEliminar